FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015
Enviado por maria o Mér, 2015-05-13 17:03
00/00/
Array
Para rematar a conmemoración da Semana das Letras Galegas que este ano homenaxea a Xosé Fernando Filgueira Valverde, o vindeiro venres, 15 de maio, imos celebrar o noso tradicional festival.
O programa ofrécenos as seguintes actuacións:
- Presentación en Power Point sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Filgueira Valverde.
- Representación: “Un mar de luces” (alumnos/as 3º e 4º).
- Dous vídeos de Núñez Singala e Bermúdez Blanco para reflexionar sobre a nosa lingua: "Lingua minoritaria" e "Liberdade".
- Escola de Música Mª Luisa Novo: “Cantiga de amigo”, “Soio un sono”, “O Señor chama incansable” (alumnado do centro).
- Canción: “Paco Papán” (alumnos/as 1º ).
- Conto: “A que sabe a lúa?” (alumnos/as 2º ).
- Canción: “Rapeando por Cariño" (alumnos/as 6º).
Durante todo o festival contaremos con dous presentadores excepcionais: Lucía e Daniel.
Esperamos que disfrutedes coas nosas actuacións!!!
Fai "clic" para ver a presentación.