Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO NO CURSO 2013/14

00/00/
Array

Ata o 3 de xullo estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.
As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na conserxería do centro ou premendo aquí, e débense entregar en secretaría no prazo indicado.
Terá dereito ás axudas o alumnado de E. Primaria que teña unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2011 segundo as seguintes contías:

  • Familias monoparentais:
  • Ingresos ata 6.000 €: 170 €
  • Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €
  • Resto das familias:
  • Ingresos ata 5.400 €: 170 €
  • Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €

Considéranse membros da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

Para calcular a Renda per cápita, súmanse os recadros 455 e 465 da Declaración da Renda de 2011 e divídese polo número de membros da unidade familiar. No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar. Computan por dous os membros que figuren na solicitude e teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro a 31 de decembro de 2011, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe do Servizos Sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.  
  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

MOI IMPORTANTE:

Segundo recolle o Artigo 10.1 da ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario:

"O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirir á persoa que lle anticipe o importe do vale, nin que lle entregue o vale antes da recepción dos libros. O solicitante nunca deberá asinar e entregar o vale antes da recepción do material. A sinatura do vale e a súa entrega implica a súa conformidade cos libros e material escolar entregados."

Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.

Impreso de solicitude

AdxuntoTamaño
solicitude_libros_13_14d.pdf2.09 MB