Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ADMISIÓN DO ALUMNADO - Reserva de praza no IES Cabo Ortegal. Curso 2024-2025

26/02/2024 10:11
Europe/Madrid

Comunícase que, unha vez finalizado o prazo para solicitar a reserva de praza para o vindeiro curso académico 2024 - 2025, e despois de validar e asignar as prazas de todas as solicitudes presentadas no noso centro, todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo establecido (22 solicitudes en total) ten praza para cursar o 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.