Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

O XORNALISTA XABIER LOMBARDERO NO NOSO COLE

16/03/2022 12:42
Europe/Madrid

Esta semana estamos a celebrar A SEMANA DA PRENSA no noso cole. Entre as actividade que temos programadas para estes días está a visita tan especial que recibimos onte, o xornalista de El Progreso, Xabier Lombardero, estivo con nós explicándonos e aclarándonos  moitas aspectos do xornalismo e dos xornalistas, así como contestando a todas as nosas curiosidades, que foron moitas e moi interesantes. Foi unha velada moi prolífera na que aprendimos e gozamos moito. Oxalá teñamos oportunidades de seguer coñecendo a persoas importantes, que nos sigan aportando.Tamén contamos coa colaboración de  Álvaro Ramil que de xeito voluntario realizou unha reportaxe fotográfica do evento. Moitas grazas aos dous.

                                                      

 

O venres 18 O Progreso dedicounos unha páxina do seu Suplemento. Sentímonos moi ledos e importantes. Grazas!!!

 

 

                                                                             

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Visita do xornalista xabier lombardero.mp4240.26 MB