Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SEMANA DA PAZ

03/03/2022 22:40
Europe/Madrid

Durante a semana pasada todo o alumnado estivo traballando sobre A PAZ: individualmente, por grupos, por clases,... para conseguir unha actividade  final que realizamos todos xuntos o pasado luns, 7 de febreiro. Foi unha semana moi intensa pero mereceu a pena, e o  luns foi un día moi especial onde nos responsabilizamos e, á vez,  gozamos dunha actividade moi especial, na cal o  alumnado estivo á altura e portouse xenial. Estiveron a gravarnos e, nuns días subiremos o video á web para que as familias tamén podan gozar do traballo dos/as nenos/as. Esta é unha pequena mostra do traballo realizado.