Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Día contra a Violencia de Xénero

O pasado domingo 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No CEIP Laverde Ruíz, traballamos cos nenos e nenas para facerlles ver que a Violencia -sexa a que sexa- non leva a ningures.

Xunto con outros colexios participamos no proxecto #Equaliter, para dar voz aos máis pequenos coa intención de que nun futuro non teñan que dicir unha e outra vez NON á VIOLENCIA de XÉNERO, non a calquera tipo de violencia.

O resultado deste traballo colectivo pódese ver neste vídeo (a nosa participación está no minuto 3:37)

 Ademáis a ANPA do cole, preparou un obradoiro de tatoos para o recreo, que foi todo un éxito.

Graciñas ANPA !!!

 Para máis información sobre a ANPA Laverde Ruíz, podedes visitar:

A web do facebook ou o blogue