blogue deCrisMuñoa

Aqui tedes a Revista dixital de Muxicas 2019.

Este ano foi adicado a Antón Fraguas Fraguas.

Esperamos que sexa do voso agrado.

Unha aperta e feliz verán para todos/as.

Muxicas 2019

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

No colexio quixemos manifestar o noso apoio á esas persoas cunha cantiga que fomos ensaiando durante varios días e que cantamos todos xuntos no patio.

TODOS DISTINTOS, TODOS IGUAIS

O pasado domingo 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No CEIP Laverde Ruíz, traballamos cos nenos e nenas para facerlles ver que a Violencia -sexa a que sexa- non leva a ningures.

Xunto con outros colexios participamos no proxecto #Equaliter, para dar voz aos máis pequenos coa intención de que nun futuro non teñan que dicir unha e outra vez NON á VIOLENCIA de XÉNERO, non a calquera tipo de violencia.

O resultado deste traballo colectivo pódese ver neste vídeo (a nosa participación está no minuto 3:37)

 Ademáis a ANPA do cole, preparou un obradoiro de tatoos para o recreo, que foi todo un éxito.

Graciñas ANPA !!!

 Para máis información sobre a ANPA Laverde Ruíz, podedes visitar:

A web do facebook ou o blogue

O alumnado de 3º de primaria visitou o Castro de Viladonga o pasado xoves 16 de novembro.

Patearon polo Castro, visitaron o museo, escoitaron as explicacións e finalmente participaron nun obradoiro de barro, creando unhas pezas preciosas. Que artistas !!

Como mola ir de excursión !!!

 

O pasado venres celebramos o Magosto no cole... asáronse as castañas e fóronse comendo polas aulas... o alumnado de 5º B axudou aos compañeiros/as de infantil a pelar as castañas...

mmmmm .... que ricas a s castañas quentiñas !!!

No colexio celebramos o Samaín ao grande...

temos o cole tomado por calabazas terroríficas e portas polas que da medo pasar...

Dentro das aulas traballouse de medo ;-)

 

 

Curso 2018-19

O venres pasado, día 5 de outubro (San Froilán), o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha andaina ata Santa Isabel con maiores con Alzheimer do Xeriátrico.

Foi unha experiencia moi bonita e tenra; os cativos compartiron o camiño cos maiores, axudándolles, escoitándolles, acompañándolles... e a cambio recibiron moitos bicos, apertas, sorrisos e un grande agradecemento por parte dos maiores.

Distribuir contido