O pasado 31 de maio visitáronnos os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal para ir coñecendo o seu novo cole no vindeiro curso.
2 de Maio
Concienciación sobre o Acoso Escolar
Recollemos a continuación, distribuídos por ciclos, distintos cortos que poden axudar a traballar este contido.
Infantil e primeiro ciclo
Segundo e terceiro ciclo
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA ESCOLAR
Ola familias, deixamos a continuación un arquivo adxunto coa presentación que guiará o coloquio que terá lugar o próximo sábado día 24.
Esperamos que sexa do voso interese.
Saúdos e grazas pola vosa participación!
Dende o equipo de dinamización da convivencia escolar realizamos estes carteis que amosan dunha forma directa e visual as conductas leves e graves contrarias á convivencia recollidas no D. 8/2015 de 8 de xaneiro.
En cada aula do centro teremos un cartel visible para todas e todos.
Conductas LEVES contrarias á convivencia escolar
Posibles SANCIÓNS
Conductas GRAVES contrarias á convivencia escolar
Posibles SANCIÓNS
Ao longo destas semanas estamos a realizar un taller de teatro cunha das liñas de sexto.
Dende a dinamización da convivencia vemos esta iniciativa como unha forma para traballar e previr posibles problemáticas que poidan xurdir. Consideramos que o teatro é unha ferramenta útil onde poder adquirir e fomentar habilidades sociais saudables.
Animámosvos a que votedes unha ollada á súa páxina web e apreciedes as múltiples formas de traballar na construción persoal e social.
http://www.maisqueteatro.es/
Anexamos os contidos máis especificos que se están a traballar no taller de sexto por se poden ser do voso interese.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Ola a tod@s! Aquí vos presentamos un novo recuncho do noso cole. Tanto no pavillón de infantil como no de primaria disporán @s nos@s nen@s deste lugar para poder resolver pequenos conflitos que se poidan dar nas zonas de recreo.
Cun pequeno cartel que indica o "CAMIÑO DA AMIZADE": escoita, fala, pide perdón, sorrí e volve a empezar; pretendemos fomentar unha mellor convivencia no centro.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Aquí vos deixamos un breve resumo cos resultados da enquisa realizada ás familias sobre a escola de pais e nais do noso centro.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa participación.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |