Axudas para o curso 2018-2019: Fondo de Libros Solidario+Axudas Material+Libros Texto

 

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/19.

PRAZO 23/06 ata o 8 de Xuño

SOLICITUDE TELEMÁTICA

  • Entrar en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  • Acceder con NIF + CHAVE 365 (Solicitar CHAVE365  no teu Centro Saúde // Tarxeta Sanitaria+DNI)
  • Premer no botón “Presentar en papel no centro”
  • Imprimir a Solicitude debidamente cuberta + Documentos (Separacións, minusvalías...).
  • Entregar Documentación no centro educativo: Solicitude + Documentacións asociadas. (Prazo Máximo 8 de Xuño)

ESTA SOLICITUDE DA ACCESO A ESTAS TRES LIÑAS DE AXUDAS

Fondo solidario de libros de texto (3º, 4º, 5º e 6º de EP): Pode solicitar todo o alumnado destes cursos, con independencia da renda per cápita; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgo-ten, Garantía de 6 libros para renta per cápita igual inferior a 5400€ e 4 libros para renta per cápita igual e ou inferior a 9000€

Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP):

  • Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 Є: EP 170 €
  • Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 Є: EP 90 €
  • Alumando de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %, 250 €, con independencia da renda.

Axudas para adquirir material escolar (EP): só renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €: 50 €.

* Non se aplica o límite de renda ao alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, ao alumnado de EE ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %