ANPA: Mercadillo Solidario 2ª Man e Artesanía

Bos días, o domingo 2 de xuño, o ANPA en colaboración coa asociación Da Man organiza un mercadillo solidario,
2ª man e artesanía. O mercadillo será aberto para todo o mundo e calquera que o desexe poderá non só acceder,
senón participar co seu propio posto de venda. O prezo da entrada será un donativo e o alugueiro do posto 3 euros.
Se tedes roupa, libros ou xoguetes que xa non usades ou sodes artesáns animámosvos a reservar un posto.
O ANPA facilitaravos mesa e cadeira, os artesáns poderán traer o seu propio mobiliario.
 
Contaremos con actividades para os peques, cantina e música. Todo o diñeiro recadado coa entrada e o alugueiro dos postos entregarase á asociación de Redondela Da Man. Podedes reservar un posto enviando un mail a anpa@ceipdelaredo.com ou a través do WhatsApp 666 59 12 28. Iremos asignando número e lugar por orde de reserva.
 
Animámosvos a participar, gozar do día, vender e comprar produtos artesáns e de 2ª man mentres xuntos contribuímos cunha boa causa. Lembrade é aberto, todo o mundo é benvido, domingo en familia no mercadillo.
 
Por favor pedímosvos difusión.
Moitas grazas