Festa dos Maios 2024

A festa dos Maios está a chegar e despois do éxito do curso pasado, queremos repetir e facer o noso Maio.

E como non, precisamos da vosa colaboración. Necesitamos que recollades e gardedes nas vosas casas o material necesario para construír o Maio, pero imos organizar a tarefa en función dos ciclos.Todo o material que pedimos pódese atopar nos campos, nos camiños, nas vosas propias fincas e xardíns ou nas das vosas familias.

O que máis necesitamos é fiúncho, funcho fiuncho e muito fiuncho, por iso pedímosllo a todo o alumnado.

  • EI: fiúncho, pampullo e margaridas brancas cocas e millo.
  • 1º e 2º curso: fiúncho, pampullo e cáscaras de ovos cocas e millo (baleirar os ovos facendo un pequeno buraco en cada punta, sen romper a cáscara).
  • 3º e 4º curso: fiúncho, pampullo e laranxas cocas e millo (as laranxas das vosas propias laranxeiras, nada de mercalas para a ocasión).
  • 5º e 6º curso: fiúncho, pampullo e mirto e flores cocas e millo para adornar.

29 de ABRIL: Datas de entrega do material

29-30 de Abril: O Alumnado fará o MAIO 

30 de ABRIL: Festa dos Maios: deberán vir vestidos con pantalón vaqueiro e camisa ou camiseta branca. Tamén poden traer unha boina negra se a teñen ou poden conseguir e cantaran as nosas xa tradicionais coplas!

Toda a info: http://maios.ceipdelaredo.com