Blogues

ANPA: Convidámoste a maior Festa Educativa do ano 02/06 Infantil/Primaria (Transporte e Acceso Gratuíto)!!!

 

Estimadas Familias co motivo dos proxectos do centro na área de medio ambiente estamos convidados/as a Maior Festa Educativa e Medioambiental de Galicia Voz Natura deste ano!

I Congreso Infantil Reino Animal. Educ Infantil (01/06)

O vindeiro 1 de Xuño o alumnado de Educ. Infantil irá a Redondela ao CEIP Santo Paio de Abaixo a participar no I Congreso Infantil Reino Animal. 

Obradoiros, Xincanas, Faladoiros,...velaí o programa das charlas, impartidas por expertos para expertos!!!:

Saída Parque Forestal do Pouso 1º+2º+3º+4º (01/06)

O vindeiro venres, 1 de xuño, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria ten programada unha saída ao Parque Forestal do Pouso de Bembrive enmarcada dentro do programa:

"O monte vivo".

Entrega Premios Faro da Escola 5º+6º (28/05)

O vindeiro Luns 28/05 o alumnado de 5º e 6º asistirá a Entrega de Premios "Faro da Escola", proxecto no que participamos por terceiro ano consecutivo e o noso alumnado ten algún que outro recoñecemento polo seu labor periodístico, de investigación ou de narración. 

Axudas para o curso 2018-2019: Fondo de Libros Solidario+Axudas Material+Libros Texto

 

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/19.

PRAZO 23/06 ata o 8 de Xuño

SOLICITUDE TELEMÁTICA

Escola de Pais: Charla sobre a Importancia da Robótica+Ciencia+Programación na casa! Familias 17h (28/05)

O vindeiro Martes 28 de Maio ás 17h teremos no centro a María Nimo, especialista nos usos educativos da robótica, programación e a Ciencia e de como integralos no noso día a día dende os fogares sen prexuízos de xénero.

Contacontos en Lingua de Signos. Biblioteca de Chapela. Infantil (23/05)

Informámosvos dunha actividade que terá lugar na biblioteca de Chapela a vindeira semana:

Contacontos en Lingua de Signos,na Biblioteca de Chapela: O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos un contacontos para o noso público máis miúdo.

Avaliación Individualizada 3º Primaria (23-24/05)

Os vindeiros 23/24 de Maio realizaremos no centro as probas de avaliación diagnóstica no alumnado de 3º de EP (Probas que avalian o rendemento do alumnado nas competencias lingüísticas e matemáticas dunha maneira estándar a nivel estatal/autonómico). 

Distribuir contido