Concurso Fotográfico "Eu Son do S.XX". Photocall Proxecto Anual

Tal e como é tradición no centro, este mes de outubro é un mes de sensibilización dos nosos proxectos anuais interdisciplinares, concretamente neste curso 2018-2019 " O Século XX". 

Así pois dende mañá ás 14h, saída dos rapaces ata o 19 de outubro teredes a vosa dispoisición un "photocall" na entrada con atrezzos varios propias do século XX para que vos sacades fotos cos vosos fillos/as coa intención de participar nun concurso: 

  • Obxecto: Concurso de Fotografías Familiares (Mínimo Rapaz+Familiar) co gallo da sensibilización da comunidade educativa no proxecto anual.
  • Enviar Fotografías a biblio@ceipdelaredo.com Pódense enviar todas as fotografías que estimedes
  • Datas: 08/10 - 19/10
  • Premios: Estableceranse 5  premios as mellores e máis simpáticas fotografías familiares con vestiario propio e alleo dentro do noso photocall.
  • Entrega de Premios: 24/10 coa apertura de biblioteca do centro.

 Envíade cantas máis fotografías mellor a bliblio@ceipdelaredo.com, respetade os atrezzos!