Escola de Pais: Charla sobre a Importancia da Robótica+Ciencia+Programación na casa! Familias 17h (28/05)

O vindeiro Martes 28 de Maio ás 17h teremos no centro a María Nimo, especialista nos usos educativos da robótica, programación e a Ciencia e de como integralos no noso día a día dende os fogares sen prexuízos de xénero.

Impartirá unha charla de 40 minutos de duración na que introducirá ás familias asistentes a necesidade de ter moi en conta este tipo de eidos STEM para capacitar ao alumnado do centro dunhas competencias moi necesarias para o seu futuro e da importancia do papel da muller/nais no traballo e sensibilización cos seus fillos/as materia tecnolóxica libre de estereotipos de xénero.

Unha charla moi interesante ao que todas as familias están invitadas.