Co motivo de facer o vindeiro 09/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colabo-rar, como todos os anos, entregando no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, unha pequena mostra dun postre relacionado con estas datas en:
• Filloas • Orellas • Flores • Rosquillas • Follados (Hojaldres) • Chulas
O alumnado realizará unha degustación de todos eles con actividades musicais varias propias destas datas.
Lembrámosvos que o pasarúas só se realizará en caso de bo tempo:
En caso contrario, mal tempo, as actividades realizaranse no recinto escolar e as familias, por motivos de seguridade e aforo, non poderán acceder ao mesmo.