Videopasarela Entroido 2015

Achegámosvos a "videopasarela" co motivo do entroido 2015 realizada no centro (por motivos de choiva tívose que cancelar o pasarrúas).

Así pois o alumnado de 6º:

  • Organizou o evento (cada presentador se encargaba de axudar a o curso adxudicado, pescudaron as músicas, e fixeron as instalacións de audio/video pertinentes)
  • Presentaron aos seus compañeiros/as para que cada un tivera o seu protagonismo
  • Gravaron o desfile, editaron e o subiron a rede para que os pais/nais "puiderades asexar" alomenos un pouco ese "o seu entroido".

Noraboa rapaces!!! Ben realizado!