Participamos en DAFIS // Recoñecida pola OMS 2018 (6º+5º+4º+3º)

O noso centro vai implementar unha mellorar no noso PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE (Selo de Calidade concedido no 2018 polo Ministerio de Educación) enmarcado no Plan PROXECTA, orientado a toda a comunidade educativa, incluíndo as familias. Como centro, somos conscientes de que a actividade física e a adopción dun estilo de vida activa por parte da nosa comunidade educativa é unha das claves para garantir unha mellor calidade de vida. 

Por este motivo, o centro vai integrarse na PLATAFORMA D.A.F.I.S. (Datos de Actividade Física Saudable) de Galicia, unha iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego, incluída dentro do Plan de Fomento de Actividade Física “Galicia Saudable”, e recoñecida no ano 2018 pola Organización Mundial da Saúde - Europa (OMS) como mellor exemplo de boa práctica escolar para implantar en todos os países do marco europeo.

Así pois, dende o mércores 05/10 enviaremos unha carta informativa ás familias sobre mencionado proxecto xunto cunha autorización dos datos recollidos para a xeración de estatísticas xerais e cesión de datos ao SERGAS para axudar na avaliación físico do alumno/a.

Agradecemos a entrega da documentación firmada antes do Venres 7 ás familias.
As probas realizaranse ao longo da semanao do 10/10