ANPA: Campamentos Conciliación Nadal 2021

As e os interesados terán entre o 2 e 10 de decembro para presentar as súas solicitudes nos rexistros do Concello de Redondela Facilitar a conciliación laboral e familiar da veciñanza e ofrecer ás nenas e nenos actividades lúdico formativas nas vacacións de Nadal, son dos dous obxectivos que buscan os Campamentos de Conciliación de Nadal que o Concello de Redondela, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Iria Vilaboa, desenvolverá entre o 22 de decembro e 7 de xaneiro e que o 2 de decembro abren o seu prazo de inscrición.

A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).

Unha vez cubertos os impresos coa documentación que neles se solicita, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 10 de decembro, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes. Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e realizarán as súas actividades entre as 9 h e 14 h divididos por grupos de idade e baixo medidas estritas de control sanitario para garantir, en todo momento, a seguridade dos pequenos e pequenas participantes.

As 170 prazas de que dispón esta convocatoria totalmente gratuíta, quedan distribuídas do seguinte xeito: CEIP de Cedeira, 20 prazas; CEIP de Laredo, 40 prazas; CEIP Outeiro das Penas, 20 prazas; CEIP Plurilingüe Porto-Cabeiro, 20 prazas; CEIP Plurilingüe Quintela, 10 prazas; CEIP Plurilingüe de Reboreda, 20 prazas e Multiúsos da Xunqueira, 40 prazas. En canto á distribución de prazas é preciso ter en conta que poderán variar seguindo a normativa e medidas que diten as autoridades competentes en función da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.