Cross Intercentros 25/11

Este Xoves 25 de Novembro o alumnado de 2º+3º+5º+6º, como cada ano, irá ao campionato zonal de Campo a Través que se celebrará no campo de Zamáns nunha competición por equipos puntuable (+800 atletas) para o campionato provincial escolar.

  • BUS 7 – Infantís+Benxamíns - Saída centro 09:45 – Chegada centro 13:10
  • BUS 6 – Alevíns - Saída centro 09:45 – Chegada centro 13:10

Debido as baixas temperaturas e inestabilidade do tempo recomendamos roupa axeitada por capas (estilo cebola), uns calcetíns de reposto, merenda (auga, Bocadillo/Galletas) todo dentro dunha mochila pequena facilmente transportable polo alumnado.

Un cita clásica no centro no que alumnado disfrutará dun día facendo actividade física na natureza en compañía doutros centros educativos.

Devandita actividade é gratuita (transporte) grazas a participación activa e voluntaria do claustro dentro dos programas de promoción da actividade física e estilo de vida saudable XOGADE.