Saída Infantil Museo Liste 29/10 - Samaín

O venres día 29 o ciclo de Educación Infantil iremos de excursión ao museo Liste para disfrutar da actividade: "Samaín: non só de cabazas vive esta noite". Nela falaremos sobre a evolución desta festividade e os elementos a ela asociados. Ademáis tamén teremos unha parte práctica arredor desta celebración e faremos un xogo: " Na noite máis esperada, bruxas, trasnos e fadas".

Acabaremos de celebralo ao grande no cole con festa de disfraces e merendas terroríficas (cada nenx traerá a súa de maneira individual). Agradecemos que non traian complementos na man, máis aló da roupa e que os disfraces sexan cómodos e facilítenlles a autonomía nos momentos de ir ao baño.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración, pasarémolo de medo!