Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

23 de Abril. Día do Libro

O venres día 23 de Abril celebraremos o Día do libro.

Este ano queremos vincular a data co noso proxecto do Camiño de Santiago, por iso pedímosvos que fagades algunha foto lendo ou cun libro nalgunha das etapas do camiño de Santiago ou emulando ás peregrinas e peregrinos que fan o camiño. Debedes enviar as fotos ao correo da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com, antes do mércores 21 de abril.