Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

RETO 9: OS MAIOS

Estimadas familias; Xa estamos ás portas do final do curso e lanzamos o reto do mes de maio. Parece cedo, pero , para facelo ben, hai que facelo en tempo! Como este ano imos facer un MAIO no colexio, precisamos as COPLAS para cantar arredor do noso monumento!

Cada alumno/a deberá escribir 2 COPLAS de 4 versos cada unha, que se axeiten á melodía que se emprega en Redondela para cantalas ( ver e escoitar video https://youtu.be/bk8luXCEgms ). Os que participedes gañaredes un carimbo novo na Credencial da Lingua! Tedes que envialas ( en foto, en pdf, en documento,…) a musica@ceipdelaredo.com antes do 26 de abril para que nos dea tempo a ensaialas para cantalas no noso Maio!

Moitas grazas! E.D.L. Laredo e Biblioteca