Participa "Calcetíns Desparellos" Xoves 25/03

Estimadas familias pedimos a vosa colaboración en que mañá Xoves 25 de Marzo o alumnadovexa con calcetíns desparellados ben visibles co feito de facer evindente que non hai unha persoa que sexa idéntica e reinvindicar un modelo de educación inclusiva.

O feito desta dinámica orixínase en 2018 cunha mociña escocesa de cinco anos, Chloe Lennon, con Síndrome de Down compartiu no perfil de Facebook da súa nai un vídeo no que solicitaba que se celebrase a efeméride do 21 de marzo levando calcetíns distintos en cada pé; apenas un xesto positivo co que pretendía aumentar a conciencia cidadá sobre os dereitos vulnerados ou inexistentes das persoas da súa condición. A petición de Chloe Lennon viralizouse de forma extraordinaria con dezanove millóns de reproducións do vídeo converténdose na icona de comunicación da xornada. No país noso a asociación Down Galicia promove estes días idéntica iniciativa coa intención de reivindicar o modelo de educación inclusiva e o valor da diversidade, animando a encher as redes sociais de fotografías de calcetíns desparellos de todas as cores e estampados acompañando as etiquetas de #CalcetinsDesparellos, #TanDiferentesComoIguais e #DiaMundialSindromeDown. Calcetíns desparellos que pretenden facer visible que non hai ningunha persoa que sexa idéntica (igual) a outra, que todas as persoas somos distintas e posuímos idénticos dereitos, residindo nesa diferenza a maior riqueza dunha sociedade diversa e inclusiva.

Agradecemos a vosa colaboración!