Comezamos o Programa Aliméntate Ben!!!

Dentro da liña do centro en promocionar hábitos de vida saudable no alumnado e grazas ao recoñecemento nacional obtido polo colexio hai anos polo Ministerio de Educación co "Sello Vida Saudable"; nos recreos ofrecerase ao alumnado bricks de 200ml de leite enteira (Feiraco) e leite sen lactosa (Kaiku) para promocionar e dinamizar os beneficios do seu consumo. Así mesmo faranse diferentes dinámicas semanais onde os batidos lácteos terán protagonismo. 

A duración desta dinámica será de 6 meses. 

Neste 2º trimestre comezaremos  tamén nos recreos, como todos os anos, co consumo de froitas e hortalizas, así como obradoiros de conservas dentro do programas do FOGGA, ANFACO e Consellería do Medio Rural nos que o centro participa.