Nadal 2020

Estimadas familias; Por fin chegou o Nadal…e o final deste ano tan “especial”! ( ímolo deixar así…). E queremos celebralo por todo o alto, como ven sendo costume no colexio, pero sempre coas máximas garantías de seguridade!

Conservaremos a tradición de vir vestidos moi elegantemente o día 22 para despedir o ano; rasos, veludos, brillos, lentexuelas, tules, lazos, gravatas, plumas,…a fantasía ao poder!. Ademáis deberán traer unha merenda individual navideña; un anaco de turrón, un polvorón, un manteigado, …en fin; o que lles apeteza comer ( non se vai compartir!).

Tamén teñen que traer un paquetiño con uvas/alternativa (12, 6, as que vexades que vaian comer !!!) para facer as campanadas de cambio de ano online Ao longo da mañá imos ter moitas sorpresas por videoconferencias; un “photocall”, o sorteo de lotería de Nadal, apadriñamentos lectores, reparto de agasallos e, sobre todo, a recollida de cartas dos paxes do Apalpador.

Haberá agasalliños para todos os nenos e nenas que traían unha carta para o Apalpador facéndolle as súas peticións de regalos e desexos. A carta ten que estar escrita en lingua galega no modelo que vos achegamos e que podedes imprimir na casa ou pedir impresa no cole.

Animádevos e participade; Ímolo pasar xenial! CEIP de Laredo, Biblioteca Laredo e EDL Laredo.

Descarga a carta para o apalpador