Obradoiro "educando na igualdade" 2º E.P. (26/11) 2º EP

Os alumnos/as de 2º de Educación Primaria están a participar no programa "Educando en Igualdade" promovido polo Concello de Redondela.

A proposta, que conta cunha duración de 10 horas está implementada pola Asociación Érguete e mantén o foco en garantir a diversidade, a igualdade e identidade de xénero na propia comunidade educativa.A primeira sesión tivo lugar o pasado xoves 19 de novembro e concluirán o vindeiro xoves 26 de novembro.

O obradoiro rematará cunha última sesión dirixida ás familias, recollida na programación de decembro da Escola de Familias, da que iremos informando.