Samaín 2020

Ola Familias! Por fin chegou o Samaín! E, a pesares da situación, queremos celebralo de forma segura e divertida.

Propoñémosvos dúas actividades:

  • Decoración de cabazas: a partires do luns 26 de outubro podedes traer as vosas cabazas decoradas de forma terrorífica e simpática para adornar o patio do colexio. Lembrádevos de poñerlle unha etiqueta co voso nome!
  • Todos/as disfrazados/as!: o venres 30 podedes vir disfrazados de personaxes terroríficas e fantásticas, pero sen traer accesorios ( martelos, gadañas, coitelos, variñas,...) , caretas ( si mascarillas terroríficas!) , perrucas ou calquera tipo de elemento que poida caer ao chan ou ser compartido. Agardamos a vosa participación nesta festa “horrorosamente” divertida e segura!

E.D.L. de Laredo