Estamos de Parabens! Proxecto COIDA2 recoñecido pola XUNTA

O Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística ven de conquerir o recoñecemento e a financiación dun proxecto sobre a visibilización dos coidados entendidos como "a acción que atende as tarefas imprescindibles para o sostemento da vida nas súas distintas etapas" dende diferentes perspectivas: afectos, bo trato, benestar, cidades coidadoras, conciliación, , dependencia, desigualdade, dignidade, discriminación, empatía, enfermidade, Estado do benestar, familia, labores de coidado, malestar, pandemia,  sociedade do benestar, sostibilidade, tarefa colectiva, valor, vida, violencia, vulnerabilidade.

Os eidos a traballar serán os autocoidados e visibilización da 3ª idade.

Traballarase preferentemente mediante ferramentas telemáticas co alumnado de 5º e 6º de EP a través de videofaladoiros/videoconferencias  con centros asistenciais, terceiro sector, asociacións...para: 

  • comprender as necesidades da poboación en distintas situacións vitais
  • comprender as necesidades da poboación durante a pandemia
  • identificar as fendas de xénero producidas no marco do exercicio do coidado
  • poñer en valor o coidado como labor fundamental para o sostemento da vida
  • poñer en valor o traballo da solidaridade
  • concienciar sobre a importancia de entender o coidado como unha tarefa colectiva

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!

Equipo de Dinamización de Lingua Galega e Biblioteca