Normas Credencial da Lingua

Ola Familias!

Este curso imos lanzar propostas de actividades en Lingua Galega desde Dinamización e Biblioteca para facer en familia ou de forma autónoma cada alumno.  Por cada actividade realizada, conseguirase un carimbo para poñer nunha credencial que se dará a cada alumno/a. E, ao final do curso, un “Diploma da Lingua” e outras sorpresas!!

 

Estas son as Normas da Credencial da Lingua:

 

  1. Estamparase un carimbo por cada actividade realizada en familia ou no colexio.
  2. As actividades deberán ir sempre en LINGUA GALEGA; as que veñan en outras linguas non se darán por válidas.
  3. Nun més pódense ter varios selos.
  4. É necesario ter, polo menos, un selo cada mes para conseguir o diploma.
  5. Contan as actividades propostas por Dinamización, a Biblioteca , polas titorías ou polos distintos especialistas.
  6. Os traballos enviaranse preferentemente por correo electrónico para subirse á páxina do colexio. Os correos serán biblio@ceipdelaredo.com , musica@ceipdelaredo.com ou outro que figure na convocatoria.