Autorización Saídas alumnado 3º+4º+5º+6º

Estimadas familias, achegamos a solicitude para, en caso de querer que o alumnado de 5º+6º (e de maneira moi excepcional 3º+4º ver condicións na solicitude) saían sós do centro ao rematar o horario lectivo. 

Esta autorización é preciso enviala antes do 05 de outubro para a súa custodia, revisión e arquivo.
En caso contrario, non poderán saír do centro e deberá o seu pai/nai titor legal ou persoa en quen delegue vir a recollelo.

Acceder á solicitude

Nota: En virtude do establecido na Instrución conxunta 9/2017 da secretaría xeral técnica e da dirección de centros e recursos humanos, pola que se  establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo. Os escolares poderán saír sós do colexio no horario previsto, sempre que os seus pais, nais, titores legais,acolledores familiares e proxenitores separados ou divorciados con garda e custodia ao seu favor, presenten ante a dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.