PARTICIPA E INSCRÍBETE ALUMNADO 2º E 3º CICLO / E FAMILIAS DE CALQUER ETAPA
(Se o pai/nai ten fillo/a de 1º Ciclo ou de Infantil haberá servizo de canguraxe)
CLUB DE LECTURA
Club de Lectura interxeracional apadriñado polo noso "Benquerido Orientador", no que se convida a participar ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, ao profesorado e familias (pai, nai, avós,irmáns...).
As actividades de Igualmente Club de lectura de Laredo formarán parte do programa anual da Biblioteca do CEIP Laredo (PLAMBE).
Prazas: 15 Previa inscrición.
Compromiso de participar en dúas de tres sesións virtuais (cada dúas
semanas):
1ª: Presentación da obra por parte da coordinadora
2ª: Reunión de debate
3ª: Encontro coa autora (virtual ou presencial, segundo dispoñibilidade).
O club proporcionará exemplares e material de cada un dos títulos a cada membro de maneira gratuíta.
CARÁCTER
Presencial (biblioteca do centro) e virtual (na canle Meet do centro).
Sesións de 50 minutos.
CALENDARIO
- As datas e horario poden estar sometidas a modificación, previo
acordo dos participantes.
- Podería establecerse unha colaboración coa Biblioteca Pública Xela
Arias de Chapela.
- Durante a realización de actividades presenciais (en caso de familias con nenos pequenos), funcionaría un servizo de atención a menores (Infantil+1º+2º)
LIBROS A TRABALLAR