ANPA: Madrugadores e Comedor 2020-2021

Queridas familias: Co inicio dos servizos de madrugadores e comedor queremos recordarvos que é imprescindible cubrir o compromiso que se adxunta nesta circular, podedes reenviala firmada via mail, whatsapp nunha foto ou entregala en man no mesmo día que comencen o servizo.

Lembramos que é importante leer oS protocolos do comedor/madrugadores  (acceso coa conta do alumno/a) para o cumprimento das normas, así coma ter en conta:

  • 1. Se os alumn@s non obedecen ás cuidadoras reiteradamente, poderáse proceder a súa expulsión.
  • 2. O horario de saía será entre as 15:30h e as 15:45h pregamos puntualidade, de 15:45h a 16:00h procederáse a desinfección do comedor polo que non pode estar ningún alumn@.
  • Este ano sobre todo imprescindible puntualidade en caso de reiteración senón verémonos na obriga de dar parte a dirección para que abra protocolo e avisar a servizos sociais ou policia local. De reincidir neste aspecto poderá ser expulsado do servizo.
  • 3. Os nen@s de infantil teñen que ser completamente autónomos (comer sós e control de esfínteres). se non, non poderán facer uso do servizo.

Un saúdo.

AdxuntoTamaño
compromiso de responsabilidade do comedor.doc28 KB