Importante: Devolución Libros - Fondo Libros 4º EP 10/06 11-13h

 

Boas Familias de 4º de Educ. Primaria, 

emplazámosvos para o vindeiro día 10 de Xuño a devolución de libros de texto do Fondo Libros en horario de 11-13h. Lembrade que é obrigatoria a súa devolución daquelas familias que obtiveron acceso ao Fondo no curso 2019-2020 para poder participar en posteriores axudas. 

Procedemento: 

As familias devolverán os libros o vindeiro 10 de xuño en horario de 11-13h.

  • Prégase a súa correcta integridade, calquer desperfecto nos mesmos derivados dun mal uso pode implicar a perda do dereito de solicitude de axudas vindeiras.
  • Os libros deberán estar en bolsas pechadas.
  • As bolsas deberán ter grapada unha folla co nome do alumno/a e a relación de libros existente na mesma.
  • Unha vez devolta a bolsa cos libros recollerán o material de aula previa escolma feita pola titora.
  • Prégase luvas, tapabocas e manter a distancia de seguridade. 
  • A devolución farase no voladizo exterior da entrada en mencionado horario.

-------------------------------

* Ás familias que desexen facer doazón dos libros, realizarán o mesmo procedemento.

* Ás familias con libros de Fondo Libros de 3º de Primaria farán a pertinente devolución en setembro, co fin de minimizar aglomeracións innecesarias posto que os libros de devandito 3º de EP para o curso 2020-21 serán cambiados.