CoronaHacking ... Atréveste a Hackear o coronavirus con 8 retos STEAM?

Propoñerémosvos familias, 8 retos prácticos para que hackeedes os problemas diarios que nos ocasiona o coronavirus.
Para iso tedes que utilizar todos os recursos que teñades ao voso alcance e a vosa imaxinación e creatividade para inventar novas formas de resolver un problema.
Construír, deseñar, debuxar, crear, inventar, ...queremos que creedes solucións prácticas, STEAM,  sinxelas ou chindogus para resolver 8 problemas coronavíricos cotiás con 8 solucións extraordinarias, só fai falla imaxinación e crear ou resolver!
Atréveste?

  • Retos para participar en familia adaptados para infantil e primaria.
  • De participar, deberás enviar un vídeo explicativo da solución ao problema proposto en cada reto de non maís de 2 minutos a biblio@ceipdelaredo.com
  • As familias/alumnos/as participantes levarán un galardón de CoronaHacker !!!
  • Non son precisos materiais ou recursos tecnolóxicos (ou sí se queredes complicalo)...só imaxinación e creatividade en familia!

Mañá Martes  sairá o primeiro!
Atréveste?