Entroido 2020

Co motivo de facer o vindeiro 21/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colaborar, como todos os anos, entregando cada familia no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, unha pequena mostra dun postre relacionado con estas datas en:

• Filloas • Orellas • Flores • Rosquillas • Follados (Hojaldres) • Chulas

O alumnado realizará unha degustación de todos eles con actividades musicais varias propias destas datas. Lembrámosvos que o pasarúas só se realizará en caso de bo tempo:

  • Saída 12:00 (aprox.)
  • Pasarrúas Chapela de abaixo
  • Entrada no centro á volta alumnado e Familias
  • Pregamos as familias, pais, nais, avós, avoas.... que participen na comparsa e accedan ao centro veñan disfrazadas segundo a temática para formar parte da festa.
  • Degustación dos doces típicos do entroido

En caso contrario, mal tempo, as actividades realizaranse no recinto escolar e as familias, por motivos de seguridade e aforo, non poderán acceder ao mesmo.