Obradoiro "O Mar no Camiño" 1º+2º EP (14/02)

O vindeiro venres 14 de febreiro o alumnao de 1º e 2º de Educación Primaria participará nun obradoiro de difusión da cultura mariñeira en Galicia que leva por título: O Mar no Camiño.

A sesión, que se desenvolverá no noso centro educativo, será impartida por unha educadora social da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) e terá un carácter pedagóxico, artístico e inclusivo. O obxectivo da mesma é familiarizar aos nenos e nenas coas profesións mariñeiras e o sector pesqueiro, tan importante en Galicia e na nosa vila, poñendo en valor a importancia dos recursos mariñeiros e do patrimonio humano, histórico e cultural marítimo-pesqueiro da nosa comunidade. Además, promoverase entre os máis pequenos a importancia na dieta alimentaria do consumo de peixes e mariscos.

No desenvolvento da actividade plantexaranse diferentes dinámicas como contos narrados e a práctica de origami a cargo de mimadrinha.com.