Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro: ECO do Lóxico 1º+6º EP (31/05)

Os termos “ecolóxico”, “eco”, “biolóxico”, “orgánico” e “bio” están reservados aos alimentos obtidos da agricultura ecolóxica. E o etiquetado dos mesmos debe superar un riguroso control do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Todo isto é máis aprenderá o noso alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria nun obradoiro que realizarán no centro o vindeiro venres 31 de maio. A actividade, que leva por título "Fai eco do lóxico" está enmarcada dentro do Programa Aliméntate ben do Plan Proxecta. Implementado polas Consellerías de Sanidade e de Medio Rural, ten como obxectivo principal fomentar o consumo de productos ecolóxicos e saudables durante a infancia, a través do coñecemento dos seus beneficios para a natureza e o propio individuo.