Skip to Content

Horto Escolar

RECOLLENDO CEBOLAS E LIMPANDO MALAS HERBAS

OS DE PRIMEIRO A SEMANA PASADA ESTIVEMOS LIMPANDO AS MALAS HERBAS E RECOLLENDO AS CEBOLAS PARA FACER UNHA RICA TORTILLA COS OVOS DAS NOSAS GALIÑAS

CHEGOU O TEMPO DA RECOLLEITA

TRABALLANDO NO HORTO

O ALUMNADO DE 1º E 4º DE PRIMARIA TRABALLANDO NO HORTO

As cebolas do noso horto, precisaban un coidado, o alumnado de 4º retirou as herbas malas para que medren máis. As herbas serviron de alimento para as nosas galiñas.

As galiñas disfrutaron desa herba fresca e natural.

O alumnado de 1º de Primaria, SEMENTOU CHÍCHAROS.

 

 

HORTO ESCOLAR 21-22

POR UN MUNDO SOSTIBLE: PRODUCE E CONSUME ALIMENTOS NATURAIS

COMEZAMOS AS LABORES NO NOSO HORTO PARA PRODUCIR UN CURSO MÁIS ALIMENTOS NATURAIS E SAUDABLES PARA INCORPORAR Á NOSA DIETA.

O ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º E 6º DE PRIMARIA REALIZOU OS SEGUINTES LABORES:

- Retirar restos do horto do curso pasado.

- Preparar a terra: retirar malas herbas e sachar.

- Con abono orgánico, abonamos a terra.

- Fixemos os regos para plantar.

- PLANTAMOS CEBOLAS.

- Regamos a plantación.

 

HORTO ESCOLAR

O HORTO ESCOLAR PRODUCE ALIMENTOS NATURAIS QUE CHE AXUDAN A ESTAR SAN

O ALUMNADO DE 3 ANOS FOI MIRAR COMO CRECEN AS NOSAS HORTALIZAS, PÚXOLLE O NOME AOS TOMATES E AOS PEMENTOS

 

                

TRABALLANDO SEN PARAR NO HORTO

COIDAMOS A NOSA SAÚDE: COIDAMOS O HORTO PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAN E NATURAL

Este curso temos moita variedade de hortalizas no noso hor: pementos, tomates, acelga, remolacha de mesa, allos, cebolas, berenxenas, cenoiras, perexil e leitugas. Non tivemos sorte cos chícharos e coas xudías verdes, despois de semntalas e esperar a que nacesen, descubrimos que as comeron os ratos.

 

ATANDO OS PEMENTOS E OS TOMATES

FACENDO CARTEIS PARA NOMEAR OS PRODUTOS DO HORTO: EN GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS.

 

EN INFANTIL SEMENTAMOS

En infantil sementamos allos e chicharos.

(Preme na foto para ver o vídeo)

HORTO ESCOLAR 20-21

COMEZAMOS NESTE CURSO 20-21 AS LABORES DO HORTO

OS OBXECTIVOS SON:

- Disfrutar traballando no horto nos tempos de lecer.

- Aprender a cultivar a terra, sementar e plantar.

- Plantar saúde e comer san cunha boa alimentación de produtos naturais da nosa terra.

PREPARACIÓN DO HORTO

PLANTACIÓN DE LEITUGAS. A VER QUE TAL SE NOS DAN NO INVERNO!!!

 

 

PLANTACIÓN DE REPOLOS

 

A COLLEITA

Aquí está a colleita deste ano!!!

E como este final de curso non podemos gozar delas, facendo unhas boas ensaladas, o centro decidiu doar os produtos da nosa horta a Cáritas.

HORTO ESCOLAR CURSO 19-20

Este curso comezamos a traballar no mes de febreiro no horto escolar. Fixémolo despois de pasar o frío e deixar de chover. Asistiu alumnado voluntario os xoves (Infantil, 1º e 2º de Primaria) e os venres (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria).

O mestre encargado do horto é Pepe xunto cos seus axudante de 2º que son Dani (axudante 1º) e Telma (axudanta 2ª).

HORTO SEN PREPARAR

 PREPARAMOS A TERRA E ABONAMOS

 SEMENTAMOS ALLOS E CHÍCHAROS

 PLANTAMOS PORROS E REMOLACHA DE MESA

PLANTAMOS LEITUGAS E ACELGAS

 TRABALLANDO A TOPE E CON ILUSIÓN

 PLANTAMOS CEBOLAS

 PLANTAMOS REPOLO

 PLANTACIÓN FEITA. A ESPERAR…. E COMER SAN!!!

 

 O HORTO VAI MEDRANDO. SEGUIR COIDANDO E ESPERAR PARA RECOLLER OS NOSOS PRODUTOS NATURAIS

Distribuir contido


by Dr. Radut