Skip to Content

Secretaría

VOLTA ÁS AULAS

PRIMEIRO DÍA LECTIVO

A volta ás aulas trancurriu con normalidade. Os nenos e nenas pasaron un día feliz xogando e contentos de ver aos compañeiros, campañeiras e novo profesorado.

 

EN HOMENAXE AOS NENOS E NENAS DO CEIP ILLAS CIES

CLICA NA FOTO PARA VER O VÍDEO

XORNADA DE BICICLETAS,PATÍNS E PATINETES NO PARQUE VIAL

PICA NA IMAXE PARA VER O VIDEO

EDUCACIÓN VIAL

PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL

 

O ALUMNADO DE INFANTIL INAUGURA O NOSO PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL

COMENDO SAN

UN BOCATA VEXETAL SAN

Coas leitugas do noso horto, o alumnado de infantil elaborou un bocata vexetal para tomar no recreo.

AXUDAS MUNICIPAIS

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2021-2022

 

 Axudas para material: SOLO EDUCACIÓN INFANTIL

Axudas de comedor: INFANTIL Y PRIMARIA.

  PRAZO DE PRESENTACIÓN

 O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.

 

As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, que se poderá solicitar a partir do luns 07de xuño, a través de:

 

    • Teléfonos: 010 ou 986 810 260

    • Páxina web: www.vigo.org

    • Máis información:Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)

    • https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

  • ANEXO I
  • ANEXO II
  • ANEXO II

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

VERÁN NA ESCOLA

 

A PRIMEIRA RECOLLEITA

CHEGOU A PRIMEIRA RECOLLEITA..........

O alumnado de infantil recolleu unhas frescas e naturais leitugas no noso horto. HOXE TOCA COMER ENSALADA FRESCA E NATURAL. BO PROVEITO!

 

HORTO ESCOLAR

CO HORTO ESCOLAR: ALIMENTACIÓN SAN E VIDA SAUDABLE

O Noso horto está en plena produción. As plantas dos pementos están en flor, xa temos pequenos tomates, cebolas, acelgas e remolacha para unha boa ensalada. Están a punto os allos. Amorodos maduros. Están medrando as cenoiras, berenxenas, porros e calabacíns. 

Mañá o alumnado de Infantil recollerá as leitugas. Nos vindeiros días faremos un bocata vexetal cos produtos do horto para merendar no recreo. O HORTO ESCOLAR AXÚDACHE A ESTAR SAN!

 

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

CURSO 2021-22

 

NORMA:

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

PREME PARA IR Á CONVOCATORIA NO DOG

PREME PARA IR AO PORTAL EDUCATIVO

DESCARGAR ANEXOS I e II

DESTINATARIOS: ALUMNADO DE PRIMARIA.

Alumnado de 1º a 6º: Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de 1º e 2º: Axudas para adquirir libros de texto

Alumnado de 3º, 4º e 6º: Participación no fondo solidario de libros

O alumnado de 5º de Primaria non ten dereito a solicitar o fondo solidario, por non traballar con libros de texto. Está concedido o Proxecto EDIXGAL e empregaranse libros dixitais cun ultraportátil para cada alumno/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO:

-Do 21 de maio ata  22 de xuño (incluído) de 2021

- Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación  Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentacion:

Presentacion no centro: Neste caso imprimiran a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa tera asignado un numero pola aplicacion)

Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

- Presencialmente na secretaría do centro (con cita previa).

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Anexo I e Anexo II.

- Orixinal e fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso, segundo a Orde da convocatoria.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut