Skip to Content

AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 

CURSO 2022-23

 

NORMA:

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

PREME PARA IR Á CONVOCATORIA NO DOG

PREME PARA IR AO PORTAL EDUCATIVO

DESCARGAR ANEXO I

DESCARGAR ANEXO  II

DESTINATARIOS: ALUMNADO DE PRIMARIA.

Alumnado de 1º a 6º: Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de 1º e 2º: Axudas para adquirir libros de texto

Alumnado de 3º, 4º: Participación no fondo solidario de libros

      

O alumnado de 5º e 6º de Primaria non ten dereito a solicitar o fondo solidario, por non traballar con libros de texto. Está concedido o Proxecto EDIXGAL e empregaranse libros dixitais cun ultraportátil para cada alumno/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO:

Do 19 de maio ata  22 de xuño (incluído) de 2022.

·       

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación  Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentacion:

-     

Presentacion no centro: Neste caso imprimiran a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicacion).

- Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 

·        Presencialmente na secretaría do centro (con cita previa).

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Anexo I e Anexo II.

- Orixinal e fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso, segundo a Orde da convocatoria.

 

 

 



page | by Dr. Radut