Skip to Content

TAREFA SEMANAL do 8 ao 12 de xuño

 

TAREFA SEMANAL DO 8 ao 12 de xuño

 

Ola a todos.

 

Unha semana máis coas nosas tarefas. Veña, un último esforzo que xa queda pouco.

 

-LINGUA GALEGA

 

Lectura e comprensión do texto. Logo contesta as preguntas

 

As cousas de Anxos

 

Chámome Anxos, pero segundo a miña avoa parece que, malia o nome, son un demo rabudo.

Teño oito anos e medio, pencas a varrer, un ordenador vello, sete bonecas, moitos contos–pero non tantos como me gustaría–, unha amiga moi amiga que se chama Xana Ourol Oliveira,un amigo –Roi Martíns– que me gusta moito, unha inimiga a morte –Einés Fariña Cu de Galiña–, unha irmá de dez anos bastante insoportable cuns pés enormes –gasta un 39!!!– e unha nai aforradora que, cando se decide a comprarnos roupa, é tres talles máis grande do que nos cómpre –«un pouco larguiña», segundo ela– e, cando nola fai poñer, a volta por dentro do pantalón chéganos aos xeonllos e os xerseis parecen camisas de durmir de la.

 Parece que nós as tres –miña nai, Big Foot e eu–, tanto se hai crise coma se non, sempre andamos xustiñas de diñeiro.

Mamá está pagando a hipoteca do piso, que aínda non sei ben, ben, o que é, pero que, segundo a sabichona de Marta, miña irmá, a dos pés enormes, custa un ollo da cara e, ademais, nunca se dá acabado.

 

Estrella Ramón Pérez.

 

Anxos e a bruxiña (adaptación)

 

-LENGUA CASTELLANA

 

-MATEMÁTICAS

 

 



page | by Dr. Radut