Skip to Content

TAREFA SEMANAL do 1 ao 5 de xuño

 

TAREFA SEMANAL DO 1 ao 5 de xuño

 

Ola a todos.

Xa estamos no mes de xuño e seguimos coas nosas tarefas.

Esta semana, concretamente o venres día 5, celebramos o día do Medio Ambiente para sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais e motivar ás persoas para converternos en axentes activos para protexelo e que todos en presente e nun futuro podamos gozar del.

Para iso, entre outras, vos propoñemos as seguintes actividades:

Sabedes que debido o cese das actividades polo Covid-19 disminuiu a contaminación no mundo. De feito, podedes ver na seguinte imaxe a comparativa do 2020 co ano 2019

Fixádevos. Notades a diferenza?

Aquí tedes unha imaxe de Europa coas emisións da atmósfera de Xaneiro e de Marzo. Agora tedes que responder a pregunta:

-En qué mes cres que hai menos emisións contaminantes na atmósfera?.Xustifícao.

Para coidar o planeta é moi importante reciclar. A continuación podedes ver este vídeo https://youtu.be/u-WwWuUh1jwhttps.

Cales son as tres erres do reciclaxe?.

Fai un debuxo ou explica cómo poderías reducir o uso de plásticos na túa vida diaria e intenta lévalo a práctica.

 

A última actividade consiste en que imos reciclar unha prenda de roupa. Imos a darlle outra vida coa técnica TieDye!

Busca pola casa unha camiseta branca que xa non uses e che quede pequena.Vamos reciclar a camiseta. Sabedes que a industria textil é unha das máis contaminantes do mundo?.

Neste vídeo podedes ver como teñir a vosacamiseta e así poder darlle un segundo uso reutilizándoahttps://youtu.be/TMaxTs5s8w0 e este sería o resultado animádevos.

Se non tedes tinte, podedes probar con rotuladores como se ve no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=ATZDfYVTSuQ

Manda a túa foto para ver como saíu este experimento textil.

 

-Tarefas de Lengua Castellana

-Tarefas de Matemáticas

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut