Skip to Content

TAREFA SEMANAL do 25 ao 29 de maio

 

TAREFA SEMANAL DO 25 ao 29 de maio

Ola a todos/as.

Unha semana máis, esta vez terminando o mes de maio. Seguimos facendo as tarefas así de ben como ata o de agora e entregándoas cada semana.

Ánimo, que todo vai moi ben

1-LINGUA GALEGA

Lectura / Comprensión/ Expresión

-Lectura do texto / Copia o texto e responde ás preguntas.

Caracol e Mouchiño escríbense cartas

Estimado Mouchiño:

Ben sabes a gana que eu tiña de ir pasear con Bolboreta, non si? Pois escribinlle unha carta e contestoume que si. Quedamos para este sábado. Despois de ler a carta de Bolboreta, eu era o caracol máis feliz do mundo e tiña gana de berralo aos catro ventos, de dicírllelo a todos. Imaxinaba como se alegrarían por min Vaca, Cabra e Oca.

Pero non foi así. Os meus mellores amigos non se alegraron da miña alegría. Ti enténdelo, Mouchiño?

Caracol

Benquerido Caracol:

Hai momentos e momentos. Cando os amigos están moi ocupados ou preocupados por o cousas, é difícil que te escoiten. Ás veces só hai saber agardar o momento.

Que che vaia moi ben o sábado. Mouchiño

Estimado Mouchiño:

E como sabes cando é un bo momento? Caracol

Estimado Caracol:

Cando te miran aos ollos, por exemplo. Ou che sorrín.
Cando teñen as orellas ben dereitas. Cando te agardan.

Mouchiño

Eulàlia Canal

2-LENGUA CASTELLANA

3-MATEMÁTICAS

-Relaciona con el tipo de ángulo

 



page | by Dr. Radut