TAREFA SEMANAL do 11 ao 15 de maio
TAREFA SEMANAL DO 11 ao 15 de maio
Ola familias
Esta é a semana da celebración das Letras Galegas 2020 dedicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero ferrolán de nacemento. Estudou bacharelato por libre e estudos universitarios en Santiago de Compostela. Membro do seminario de estudos galegos onde coincidiu con Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas...Colaborou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... e é autor de libros de investigación sobre a nosa literatura e o noso idioma. En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e posteriormente á universidade compostelá, da que foi o seu primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega.
Por iso para esta semana imos empezar lendo “As pitas baixo a choiva” e contestando ás preguntas.
AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Un refacho de vento, de súpeto, conmoveu o aire. E unha nube moura esvarou polo ceo. Laiáronse as árbores docemente, e axiña se velou o sol. A bóveda azul fíxose gris e fría. E a chuvia comezou a caer.
Era unha chuvia de verán, torrencial, esmagadora. A terra seca bebeu arelosamente as primeiras augas. Logo, enchente, rexeitou beber máis. Charcos e miúdos regueiros xurdiron entre a lama. Alam-pou un lóstrego. Como se un carro de patacas emborcase a súa car-ga, a rolar, polo teito do ceo, o trebón retumbou.
RICARDO CARVALHO CALERO
1.- Escribe unha pregunta relacionada co texto para cada unha destas respostas.
-Unha nube moura________________________________
-Gris e fría_______________________________________
-As primeiras augas________________________________
2.- Falando de auga. Xa sabes que a auga é un ben escaso hoxe. Como podemos facer para reutilizar a auga ou para evitar un gasto excesivo? Escribe tres medidas.
3.- Atopa as palabras relacionadas co tempo atmosférico.
4.- Arrodea o símbolo dos nomes dos fenómenos atmosféricos que se nomean no texto.
5.- Resolve o encrucillado con palabras que aparecen no texto.
6.- Resolve estes dous xeroglíficos relacionados co clima e coa contaminación.
7-Dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega propoñen facer un vídeo con recitado de poesía en galego e que podedes mandar xunto coas tarefas desta semana.