Skip to Content

TAREFA SEMANAL DO 27 AO 30 DE ABRIL

TAREFA SEMANAL DO 27 ao 30 de abril

Ola a todos/ as

Continuamos coas tarefas semanais de repaso e ampliación. Esta semana pasada celebramos o día da Terra, a semana do libro e o propio día do libro. Xa que celebramos o día do libro imos pararnos un pouco máis no día da Terra.

É un día para reflexionar e compartir con todos os cidadáns do mundo o estado de saúde do planeta no que vivimos. E celébrase en todo o mundo ao mesmo tempo.

Propoño estas actividades semanais:

1-Debuxamos o planeta Terra como parte do Sistema Solar e sinalamos todos os planetas que ten ao seu ao redor. Escribe no diario o nome de cada planeta e podes facer un debuxo del.

2-Lembramos os movementos da Terra. Rotación e translación. Cando tarda a Terra nestes movementos e a que dan lugar.

 

3-Capas da Terra. Xeosfera, Hidrosfera e Atmosfera. Facer tamén un debuxo e identificar as capas.

4-A Terra ten unha forma particular. Di cal. Lembramos os conceptos de circunferencia e círculo. Copialos no teu diario e identifica cal deles sería a Terra.

-Como extra podedes facer un planeta Terra como manualidade e mandarme unha foto (o neno/a que queira e só unha foto por alumno/a)

Tamén vos mando ligazóns por se vos interesa lembrar algo máis.

Ligazóns de interese:

Partes da Terra

https://www.youtube.com/watch?v=8IUnpPkTGwo

O planeta Terra

https://www.youtube.com/watch?v=vuW8YJ532g8

Movementos da Terra

https://www.youtube.com/watch?v=th79sDCAh0Q

Tamén podedes visitar o noso blog

http://arcoirisprimaria.blogspot.com/

O blog da Biblio do cole

https://bibliotecaillascies.wordpress.com/

E incluso o departamento de Orientación que ten moi boas recomendacións para as saídas da poboación infantil.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipillascies/?q=node/1749

 Moitos bicos e boa semana!!!!



page | by Dr. Radut