Skip to Content

TAREFA SEMANAL DO 20 ao 24 de abril

TAREFA SEMANAL DO 20 ao 24 de abril

Ola a todos/ as

Somos uns campións, xa levamos unha chea de días de confinamento e vexo que seguides traballando en casa coas vosas familias. Todos o estades facendo moi ben. Seguimos coas tarefas semanais que aos poucos van facendo do noso diario Arcoíris un auténtico libro de repaso e reforzo.

Así que para esta semana imos a:

1-Preparar nós mesmos unha merenda cuxos ingredientes sexan lácteos e froita.

2-Conversar sobre os perigos e utilidades das redes sociais e facer unha lista no noso diario.

3-Crear unha liña no tempo sobre os membros da nosa familia materna e paterna e facer a árbore xenealóxico ata onde podamos.

4-Tempo de ler en familia. Club de lectura familiar. Realizar un marcapáxinas cos nosos tres libros favoritos desde sempre. Eses libros que sempre nos gusta ler desde que eramos pequenos.

5-Escribir no noso diario e en galego, unha poesía sobre o tema que queirades.

6-Inventar dúas contas de dúas cifras...O que sexa valente que o faga con tres cifras ( uauuuuuu....) que son exactamente iguais que as de dous, pero sáennos contas máis grandes...Esas contas multiplicaranse utilizando polo menos dous destes números : 7,5,9

Se queredes, coma sempre, podedes mandarme fotos dalgunha das actividades que fagades.

¡Boa semana! e pensade que cada día, a cada paso que damos queda un menos. Coidarvos moito, por favor.

Bicos: Elena

 



page | by Dr. Radut