Skip to Content

TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO

TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO

Ola a todos/ as.

Espero, de corazón, que todos/ as vos atopedes ben e que xuntos, coas vosas familias empezásedes co diario da aula e resúltevos divertido e á vez instrutivo, para facer sós/as ou ben, algunhas tarefas, coa vosa familia.

O meu enderezo electrónico para que poida contactar convosco e vós comigo é este:

elenarcoiris@gmail.com

 

Para esta semana propóñovos:

1-Seguir co diario de aulae as tarefas que iniciamos a semana pasada:

·       Poñer a data todos os días das dúas formas que sabemos

·       A hora na que realizamos todas as actividades diarias en reloxos dixital e analóxico.

2-Esta semana tamén vos convido a incluír nas devanditas actividades as áreas de inglés, educación física e educación artística que atopardes na web e ampliando noso propio horario. Exemplo: levantarnos , almorzo, inglés, matemáticas, artística, lingua, sociais, pausa para xogar, momento de lectura en familia...

3-Seguiremos facendo actividades de matemáticas

·       Escribir e repasar unha táboa diaria, algún irmán maior, papá ou mamá poden preguntárnolas.

·       Estimación dos alimentos e produtos necesarios para unha semana na nosa familia.

·       Anotamos os prezos dos alimentos e sumamos o gasto familiar para unha semana e o diñeiro que necesitamos (billetes e moedas). Canto gastamos.

4-A lectura de todos os díasfacendo un resumo no diario e as nosas valoracións, no club de lectura en familia e individual.

·       Incluímos esta semana unha lista de libros favoritos ou que lemos durante estes días ou vaiamos ler.

5-A primavera chegou e con ela o florecemento das plantas como estabamos a estudar en naturais. Propóñovos que se tedes algunha planta, ou algunhas en casa, lles fagades un debuxo, as coidedes e anotedes todas as súas partes.

6-Podemos, agora que temos que estar na casa, recompilar algunha receita e apuntala no diario poñendo as cantidades necesarias e un debuxo ou foto do resultado final.

7-Se temos ordenador ou tablet repasamos o que aprendemos en informática. O mundo das TIC

·       Acender computador

·       Apagar

·       Crear un cartafol co noso nome e gardala.

·       Podemos buscar información na web sobre algún libro ou tema que nos interese e gardala no noso cartafol.

·       De todo tamén o poñeremos por escrito no noso caderno de aula. Por exemplo: “hoxe tempo dedicado ao computador... e repasei e busquei...”

8-O día 28 é o día da Reconquista de Vigo. Buscaremos información sobre ese día ou lle preguntamos aos nosos pais e facemos un pequeno resumo que escribiremos no diario. Tamén podedes ver esta información sobre a festa, na rede.

https://mas.farodevigo.es/fiesta-reconquista-vigo/historia.html

 

9-Convídovos a visitar o noso blogue

 https://arcoirisprimaria.blogspot.com/

Onde podedes atopar páxinas interesantes:

https://www.mundoprimaria.com/

https://www.edu.xunta.es/xogos/

 

 



page | by Dr. Radut