Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

SAÍDA AOS BOMBEIROS

O venres 29 de outubro fomos visitar os bombeiros de Teis no programa de Vigo por dentro.

Observamos os distintos tipos de coches de bombeiros, que levan os cohes dentro, como funcionan as mangueiras, o seu ximnasio para manterse en forma,....

LARPEIRADAS

Larpeiradas é unha pequena experiencia de cociña .Fixemos na clase unha tarta de chocolate segundo a receita do noso libro de texto.Aproveitamos para apagar as velas e celebrar o aniversario de tódolos nenos e nenas que cumpriron  os 5 anos no verán.

VIGO, QUE BONITO É!!!!

Este curso 2010/2011 comezamos un proxecto novo titulado "Vigo, que bonito é!!."

Este proxecto que levará a cabo todo o colexio, serviranos para coñecer millor a nosa cidade, aproveitando que está de cumpreanos, xa que é o seu Bicentenario.

Cada mes imos traballar un aspecto da nosa cidade, os seus barrios, a súa historia, os seus monumentos, a súa gastronomía, as súas festas etc...

Proximamente iremos colocando os traballos feitos polos nenos/as do cole.

EXPOSICIÓN RUTH MATILDA ANDERSON

O día 25 de outubro os nenos e nenas de infantil de 5 anos coñecemos o traballo de Ruth Matilda Anderson .Ana a monitora explicounos que naceu no ano 1920 e axudounos a comprender como era a vida e as cores neses anos.

 

CHEGARON OS PIRATAS

Chegaron os piratas e visitaron a Miñoca.

 

Posted by Picasa

 

ENTROIDO A RITMO DE ROCK

Os de terceiro ciclo iamos de polvos

cantamos, bailamos,

que ben o pasamos!

Move rock

o rock de Illas Cíes!

MURAL

No cole estudamos a fondo algúns dos animaliños que podemos estudar

no patio.

En quinto investigamos sobre as gaivotas.

Espuxemos o resultado nun mural.

MURAIS

No cole estudamos a fondo algúns dos animaliños que podemos estudar

no patio.

En sexto investigamos sobre as xoaniñas.

Espuxemos o resultado nun mural.

LETRAS GALEGAS

 

A NOSA LETANÍA


Na terra galega vivo eu,
son galego.
Síntome libre, son galego.

Penso no futuro,
un futuro feliz.
Son galego, un galego feliz.

Terra galega
de historia chea.
Chea de tradicións.
Terra mariñeira
a da nosa Galicia.
Terra de tranquilidade
a da nosa Galicia.
Terra verde
a da nosa Galicia.
Terra , terriña,
terriña nosa.
As nosas festas,
terra, terriña.

As Illas Cíes
bañándose no Atlántico,
con fermosas praias,
praias de branca area.
Terra terriña,
terriña nosa.

Amo a Galicia,
á Galicia do saber,
á Galicia do aprender.
Son galego de corazón,
Galicia multicultural,
de esa Galicia eu son.

En galego pensamos … pensamos.
En galego vivimos … vivimos.
En galego traballamos … traballamos.
En galego xogamos … xogamos.
En galego cantamos … cantamos.
En galego estudamos … estudamos.
En galego bailamos … bailamos.
En galego falamos … falamos.

En galicia estamos,
en galego falamos.
Terra, terriña,terriña nosa.
Terra, terriña,terriña nosa.

NO FARO DE VIGO

Distribuir contido


by Dr. Radut