Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

GRADUACIÓN ETAPAS INFANTIL E PRIMARIA

FESTIVAL LETRAS GALEGAS INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA

MURAL LETRAS GALEGAS 2012

Neste mural están as obras literarias de VALENTÍN  PAZ  ANDRADE.

Ilustramos varias portadas para un mesmo título.


MARATÓN DE COIA

Parabéns para os alumnos Azucena Bouzo ,Iván Bazarra,Laura Bouzo ,Izaskún González  pola súa excelente clasificación no Maratón de Coia.Gañaron para o centro tres trofeos.

V CERTAME LITERARIO "O VERMIÑO"

 

MONÓLOGO NO SISTEMA SOLAR

 

                                                   Autor: IVÁN BAZARRA MORENO 

 

Eu vouvos contar unhas cousa sobre o sistema solar.

O Sol formouse porque o espazo exterior era escuro e necesitaba unha lámpada para ser iluminado.

Marte, estaba na vía láctea tomando o sol pero olvidouse de botar crema protectora e queimouse, por iso se chama "Planeta Vermello".

Venus, unha diosa, non tiña un sitio onde vivir entón, ela toda chula,creou un planeta para ela soa co seu nome.

Mercurio, o espazo necesitaba cousas, entón el deulles a solución: mercurio, así, as miñas botas de marca Mercurial,están no mercado para todo aquel que queira...

Terra, foi o planeta máis listo porque creou uns esclavos que a coidan anque ás veces , téñena feita un desastre.

Saturno, é o máis elegante porque sempre leva uns aneis cos que todos quedan abraiados.

Xúpiter, está todo o tempo paseando pola Vía Láctea, non deixa de tomar natillas, danoninos, actimeis...e así quedou grande, grande, grande.

Urano, é un dos máis ligóns porque ten nada más e nada menos que vinte e sete noivas chamadas satélites.

Neptuno, ten un problemiña, como vaia ao maratón de Coia acaba o último porque disque tarda sesenta mil cento noventa días en dar unha volta ó Sol polo tanto, o mellor e que non veña porque senón leva unha decepción.

                                                                                              Debuxo: IVÁN DÍAZ

O PARLAMENTO

TRABALLO MANUSCRITO

SEMANA DA PRENSA

O xornal está sempre fresco, ole a tinta e aliméntase de noticias de todo tipo, de anuncios, de mapas do tempo... Cada día nace un novo xornal dunhas máquinas que fan realidade o traballo dos periodistas que relatan e escriben xugosas noticias.

A vida dun xornal dura un día e cando pasa ese día transfórmase nun multiusos para todo o que se nos poida ocurrir. Dende quedar esquecido nun banco da rúa, ata para ser usado como material nunha clase de educación artística e converterse nun cabezudo coma o que fixemos nós polo entroido.

A todos os xornais lles encanta que valoremos todo o seu mundo e o que lles rodea. Para conseguilo elixiron unha semana á que decidiron chamar “SEMANA DA PRENSA”

                                                                                 IRENE CARBALLO

As cores da primavera

ENTROIDO 2

ENTROIDO 2012

Distribuir contido


by Dr. Radut