Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

TEATRO NO COLE

COÑECENDO A FINA CASADERREY

Contounos que naceu nunha Bibloateca, que sabía ler aos dous anos e que publicara os seus sete primeiros libros aos dez anos... Pero... resultou que todo era mentira.


 

Hoxe veu ao colexio Illas Cíes, Fina Casalderrey a falarnos un chisco dela.

Algúns de nós, xa oíramos falar dela e outros coñecemola polo libro: "O estanque dos parrulos pobres". É unha historia moi conmovedora dunha nena chamada Noema, que é inseparable do seu avó que pronto morrerá.

Fina, tamén nos falou do importante de ler. Contounos unha anécdota, sobre ela e unha señora maior que como non sabía ler dicíalle a ela que lle lera as cartas do seu fillo. Tíñallas que ler repetidas veces, ao final a muller acababa aprendéndoas de memoria.

Despois Fina Casalderrey firmou todos os seus libros e tamén nos puxo unha dedicatoria moi expresiva no Libro de Honra da Biblioteca.

Con ela pasámolo moi ben. Alexia.

 

Hoxe estiven con Fina Casalderrey falando na  bibliteca.

Contestounos a todas as nosas preguntas sen compromiso ningún.

Esta escritora enseñoume as distintas formas de ver as cousas.

Resultoume simpática, pero á vez seria. Vese que tivo que traballar moito para chegar onde chegou.

A visita gustoume moito porque aparte de pasar un bo rato, apreneimos unha chea de cousas novas e boas reflexións coma a de que  a lingua galega  pódeche abrir portas de cara ó futuro. Iván B.

 

Hoxe Fina Casalderrey (autora do marabilloso libro "O estanque dos parrulos pobres") visitou o noso colexio para compartir con nós, alumn@s de 5º e 6º de primaria, a súa experiencia e cómicas anécdotas.
Amosounos os diferentes puntos de vista das persoas ante unha situación, detalles sobre os recursos literarios....
Sempre moi atenta e amable, contestou as nosas dúbidas e asinounos exemplares das súas obras literarias.
En definitiva, foi unha experiencia moi interesante e que estou disposta a repetir. Laura.

 

O martes 27 de novembro visitou o cole unha escritora chamada Fina Casalderey.

Ela contounos moitas cousas dos seus libros e dos premios que eles gañaron. Contounos tantas cousas... Buff... Paseino xenial!!

Do que si me acordo é de que nos contou que o seu primeiro libro publicado titulábase: ´´Mutación xenética´´

Tamén nos explicou detalliños de cando escribiu: “O Estanque dos Parrulos Pobres”

Pero, o que máis me chamou a atención, foi o que dixo ao principio:

-”A mín non me chaman escritora por escribir libros, a mím chamanme escritora porque aínda hai nen@s que leen os meus libros”.

Esas palabras, dende a primeira ata a última, aínda hoxe, seguen nese recuncho da miña memoria porque como ela tamén dixo:

-Nós somos ósos, músculos e memoria.

Persoalmente encantaríame ler outro dos seus libros e poder repetir ista experiencia. Antía.

 

Ao primeiro custaba entendela xa que nos facía bromas. A min o que máis me gustou foi cando puidemos facerlle preguntas, ela respondía a todas elas con moita simpatía e contando algunha aventuriña persoal. Pareceume moi graciosa,. Alégrome de coñecela  e penso ler todos os seus libros cos que me atope ao longo da miña vida. Nica.

 


Proxecto RRReciclARTE

      Este proxecto realízase dentro do marco do PEC. Participamos todo o alumnado e profesorado do centro, facendo extensible as actividades toda a comunidade escolar.

Está presente nas distintas áreas do currículo, especialmente na área de coñecemento do medio natural, social e cultural e na área de educación artística.

O noso principal obxectivo é desenvolver a educación en valores: solidaridade, respecto polo medioambiente e o consumo responsable.

Ademais queremos darlle un toque artístico a todo este proxecto aproveitando a reciclaxe como un modo de producir arte.

 

 

 

 

TABOAS DE MULTIPLICAR

EXCURSIÓN ó PARQUE dos SENTIDOS de MARÍN. Xuño 2012

¡¡¡Pasámolo fenomenal!!!Sorriso

TRABALLAMOS EN EQUIPO

ÁRBORES da avda. CASTELAO

NORMAS da AULA

SAMAÍN 2012

Chega o Samaín, temos na escola unha exposición de obras realizadas coa colaboración das familias no Museo RRRciclARTE .

Neste Museo ó longo do curso faremos diferentes exposicións de traballos realizados con materiais reciclados.Os traballos son ben bonitos.

Distribuir contido


by Dr. Radut